sobre

nós

Raúl García

 CEO e fundador Meteórica Cine.

Director, produtor, guionista e realizador. Licenciado en Comunicación Audiovisual e Diploma de Estudos Avanzados en Ciencias da Comunicación (Universidade da Coruña). Máster de profesorado (Universidade de Vigo) 

Alba Prol Cid

CEO Meteórica Cine. 

Produtora, presentadora e realizadora.

Licenciada en Comunicación Audiovisual (Universidade de Santiago de Compostela). Máster Media Practice and Culture (University of the West of England, UK.) e Máster de Profesorado (Universidade de Vigo)

 

Meteórica é unha produtora audiovisual liderada por Raúl García e Alba Prol para desenvolver, producir e realizar todo tipo de contidos audiovisuais para televisión, cine, publicidade e plataformas dixitais online. Desenvolvemos, producimos, gravamos, editamos e posproducimos os nosos traballos cun alto estándar de calidade, acorde coas esixencias da industria audiovisual actual. 

Os últimos trabajos que fixemos son: a serie documental "The Great Way", o programa de TV "Anacos de Vida" (Desenvolvemento do formato, guión, dirección, realización, presentación e edición para Arraianos e TVG); o documental "Sporting: 50 anos de sentimento" (Club Sporting Celaonva e Escolas deportivas de Celanova); os videoclips "Inmortal", "Despertar" e "Sólo algunas veces" (N.E.O); reportaxe "Playtronica + 16 Pineapples" (Zoom In TV Netherland); anuncios "Parque Nacional das Illas Atlánticas: Rumbo a Patrimonio da Humanidade", "Illa de Sávora" e "E Ti, ves ao Parlamento?" (Arraianos para TurGalicia e Xunta de Galicia); vídeos para a exposición "Marcelo Macías, 175 aniversario" (Museo Arqueolóxico de Ourense e Fundación ABANCA);  DVD concerto X Aniversario de Tregua + invitados; o documental "Viaje al fin de la noche" de Los Suaves (Sol Música), ou a weberie "El Quid" (El Sótano de Antena 3) .

BIO

 

Raúl García

Dende 2007 ten traballado como director, guionista, realizador e editor para diversas producións de cine e televisión.

Dirixiu os programas de TV "Cos Pés Na Terra" (Filmax para TVG. Director e guionista), "Casamos" (Zenit TV para TVG. Director e guionista); foi guionista das series de TV "Fontealba" (Atlántida media para TVG), "O Faro/The Lighthouse" (Atlántida media para TVG, TV Calunya, TV Aragón, Canal Sur, Tele Madrid e RUBIX - Iran e Irak-). Formou parte do equipo de desenvolvemento de series de TV para TVE, ETB, Canal 9 e TVG como "L'Alquería Blanca". Realizou os spots "Tu amistad es el camino" (Fundación Catedral de Santiago de Compostela), "Un camino para comérselo" e “El Camino Inglés” (TurGalicia). Tamén formou parte da produción do documental “Extremo Sur: un viaje al Fin del Mundo” (Zenit TV para TVG, Canal 9 e Canal Sur); e das películas “Así se hizo Un buen hombre” (Tornasol Films) e "En las Tripas de la Bestia: el rodaje de Lobos de Arga" (Vértice Cine y Vaca Films).

 

Actualmente combina o seu traballo en Meteórica cine coa docencia de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela (USC). 

 

 

Alba Prol Cid

Dende 2011 formou parte de diversas producións de TV e cine no equipo de produción, imaxe e cámara, así como reporteira e presentadora. 

Presentou o programa de TV "Anacos de Vida" (Arraianos para TVG.); foi reporteira en "Especial San Xoán 2018", "A noite das luces", "Especial San Roque" y "Aquí Galicia" (Setemedia para TVG). Traballou no reality show "Casamos" (Zenit TV para TVG. Produción, redactora, operadora de cámara). Dirixiu os documentais "When the Sun Hits Hardest" (UWE, Community Channel, UK) e "Galiza Emerxente" (Fundación Vicente Risco) e traballou nas películas de cine"A Esmorga", "Vilamor" (Via Láctea Filmes) e "Nove Ondas" (Noveolas Producciones) no equipo de produción e imaxe; así coma nas webseries "El Quid", "Ángelica y Roberta" e "Clases de lo Social". 

 

Actualmente traballa en Meteórica cine.

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now